Etiqueta: ilustración

e cos ollos abertos / y con los ojos abiertos

e cos ollos abertos / y con los ojos abiertos

Diarios de traballo

Outro retrato realizado cos ollos moi abertos no pasado mes de outubro para Edicións Xerais. Unha imaxe da protagonista das Letras Galegas de 2018, pensada en principio para unha capa da Colección Merlín (María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey), acomodouse moi ben ao cartel, amais de encabezar, fragmentada, a…

principios o xogo / principios el juego

principios o xogo / principios el juego

Diarios de traballo

Contacto con Elvira Riveiro, poeta coa que xa coincidín en dúas ocasións (Palabras Brancas e As redes de Inés, ámbolos dous en Edicións Xerais), para proporlle outra colaboración. Dado o noso común interese polas vangardas históricas, me gustaría desenvolver a plena actualidade dalgúns dos seus principios: o humor, a disensión e a diferenza, certa inestabilidade do relato, os xogos da…

sen cloro thelonious

sen cloro thelonious

Diarios de traballo

Presentación de Contos pequenos. Non tiven a oportunidade de ver o libro editado e me sorprende negativamente a cor branca do papel. Pensara nun ton óso, cálido, como fondo das ilustracións. Entendía tamén que resultaba máis económico. STRAIGHT NO CHASER ( 1988) Charlotte Zwerin.  Confeso unha vella devoción pola música de Thelonious Monk. Eses mínimos silencios, pendurados no interior do…

oh!

oh!

Diarios de traballo

Resoltos os pequenos contratempos de última hora, depósito legal y rexistro do ISBN entre outros, a maqueta de Contos pequenos entrou onte na imprenta. Nalgún momento pensei en ilustralo cunhas construcións recortadas, apoiadas no debuxo e a cor, que só terían expresión na imaxe fotográfica. Unhas ilustracións en tres dimensións, cun claro influxo do espazo teatral e a sombra como…

de fábula a escusa / de fábula la excusa

de fábula a escusa / de fábula la excusa

Diarios de traballo

Maquetación e ilustración de Contos pequenos, oito fábulas inéditas de Victoriano Taibo, manuscritas en 1955. É a escusa que necesito para poñerme ao día cos programas de deseño e maquetación. Ademais do facsímile do manuscrito orixinal, a edición se compoñerá dun primeiro volume coa versión actualizada e ilustrada dos contos, e un segundo con pequenos ensaios ou comentarios críticos, a…