principios o xogo / principios el juego

principios o xogo / principios el juego

Diarios de traballo

Contacto con Elvira Riveiro, poeta coa que xa coincidín en dúas ocasións (Palabras Brancas e As redes de Inés, ámbolos dous en Edicións Xerais), para proporlle outra colaboración. Dado o noso común interese polas vangardas históricas, me gustaría desenvolver a plena actualidade dalgúns dos seus principios: o humor, a disensión e a diferenza, certa inestabilidade do relato, os xogos da linguaxe…

Nese sentido, e desde un punto de vista formal, creo necesario pensar nunha ilustración axustada ás posibilidades plásticas do pequeno lector. Á marxe do enfoque e o tema tratados, o neno non debería atopar unha excesiva distancia entre o modelo proposto e os seus propios recursos. Máis aínda, penso que é posible establecer unha relación entre esa distancia inspirada por la habilidade formal, esa inaccesibilidade emparentada co aura e a imaxe de culto, e o respecto pasivo que o adulto manten pola pompa e a maxestade. En todo caso, a excelencia se atopa noutro sitio, paga a pena exploralo, e o argumento, tantas veces esgrimido, sobre a infantil preferencia por uns modelos máis elaborados, non se sostén sen a influencia do contexto familiar e social.

 

 

Contacto con Elvira Riveiro, poeta con la que ya coincidí en dos ocasiones (Palabras Brancas y As redes de Inés, ambos en Edicións Xerais), para proponerle otra colaboración. Dado nuestro común interés por las vanguardias históricas, me gustaría desarrollar la plena actualidad de algunos de sus principios: el humor, la disensión y la diferencia, cierta inestabilidad del relato, los juegos del lenguaje…

En ese sentido, y desde un punto de vista formal, creo necesario pensar en una ilustración ajustada a las posibilidades plásticas del pequeño lector. Al margen del enfoque y el tema tratados, el niño no debería encontrar una excesiva distancia entre el modelo propuesto y sus propios recursos. Más aún, pienso que es posible establecer una relación entre esa distancia inspirada por la habilidad formal, esa inaccesibilidad emparentada con el aura y la imagen de culto, y el respeto pasivo que el adulto mantiene por la pompa y la majestad. En todo caso, la excelencia se encuentra en otro sitio, vale la pena explorarlo, y el argumento, tantas veces esgrimido, sobre la infantil preferencia por unos modelos más elaborados, no se sostiene sin la influencia del entorno familiar y social.

 

 


Etiquetas:,