Usar auga limpa e clara para pintar unha acuarela é un desatino. A auga ben turbia, sucia, indefinida, xa que logo corremos o risco de apelicar a limpeza e claridade á imaxe pintada. Auga turbia, un pano cotroso, e pinceis gastados, moi usados, de trazo irregular. Agás morriñentos seareiros da irmandade prerrafaelita, rexeitar por principio os pinceis de pelo de…