Se cadra, a percepción se define nesa parede que se ergue diante dos ollos, onde a conciencia da nosa presenza se prolonga na imaxinación. Unha parede, que por convención chamamos fondo ou profundidade, na que situamos as figuras, os prexuizos e as cousas, onde reducimos e apouvigamos a vertixe. E, nese sentido, toda imaxe, calquera que sexan os seus modos…