No caderno de onde extraio estes textos asoman, acompañadas de esquemas e debuxos, todo tipo de frases curtas, breves enunciados que designan ideas, pequenos proxectos ou accións máis ou menos intranscendentes. Mesmo, nalgún intre, a súa trivialidade, sintética e imprecisa, levoume a pensar que podería artellalos con palabras recortadas de xornais e revistas, unha idea que non descarto de todo….