Novas ilustracións para a reedición en Xerais de Catro cartas, un delicioso texto do lembrado Xabier P. Docampo publicado orixinalmente en 1998. Se cadra, resulta significativo que, logo de vinte anos, a carta que máis me viña á mente das cinco, catro máis unha, que conforman o pequeno libro, fora a última, a dirixida a R. L. Stevenson, na que describe…
Luns 16 marzo A situación de confinamento que sufrimos dende onte deixa ao descuberto o absurdo destas normas para os que vivimos no campo, ben lonxe da cidade e afastados de toda aglomeración. Así, as pistas e sendeiros que temos á vista, e polos que saímos a camiñar a cotío, se manteñen baleiros en función do modelo urbano dominante, denso…
Xogando cos prexuizos do ollo, a plástica da en artellar artificios que, as veces e de xeito deliberado, aparcan toda relación co debuxo, a sensualidade da liña ou o recurso da narración. Sen esquecela. En todo caso, gústame a idea dunha peza que xurde, lóxica, sen esforzo, do propio material, sen unha tese que demostrar ou algún apriori que obedecer. Unha…
Se os piares que sosteñen o viaduto lembran unha política de obra pública baseada na grandiosidade, o desbaldimento e a falta de respecto ao medio, a decoración vexetal que hoxe se pinta sobre eles só ilustra a mala conciencia. Non se entende como tardaron tanto. Na cor gris cemento, as columnas mantiñan a verdade franca do material, o valor pedagóxico…
Hoxe espertei no medio dun soño. Un soño que non debía de ser moi interesante, xa que logo axiña o esquecín. Mais, o que gardo é a sensación que o soño me sobrepasaba, que non era meu, como se non pertencera ao soñador. Como se o soñador só fora un espectador máis entre outros moitos. Un simple espectador coa entrada…
Para un adulto o debuxo do neno é sempre motivo de envexa. Diante deses trazos soltos e despreocupados, un síntese tardo, inzado de lastres imprecisos, na sospeita de que moitos das súas accións e xuizos son o froito perverso dun mal atallo. Entón o adulto fai memoria, e lembra a pais e mestres insistindo en que xa é maior e…
Utilizar o ollo coma un cego utiliza os seus dedos. Apalpar o ceo pola dereita. Revisar carga batería. Avanzar pola liña, amodo, coa prudencia coa que trazas unha estrada de montaña. Xogar cos peraltes. Sen caer nin entrar na montaña. Desouvir ás sereas. Pórse de lado. Matinar un asalto ao ceo pola esquerda. Afirmar esa linde sinuosa que participa do…