e cos ollos abertos / y con los ojos abiertos

e cos ollos abertos / y con los ojos abiertos

Diarios de traballo

Outro retrato realizado cos ollos moi abertos no pasado mes de outubro para Edicións Xerais. Unha imaxe da protagonista das Letras Galegas de 2018, pensada en principio para unha capa da Colección Merlín (María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey), acomodouse moi ben ao cartel, amais de encabezar, fragmentada, a súa biografía en Xerais Crónica (María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, de Isabel Soto e Xavier Senín). Unha decisión feliz que me aleda moito. A ollada allea ten estas cousas. Benvida sexa.

 

Otro retrato realizado con los ojos muy abiertos el pasado mes de octubre para Edicións Xerais. Una imagen de la protagonista de las Letras Galegas de 2018, pensada en principio para una cubierta de la Colección Merlín (María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Marilar Aleixandre y Fina Casalderrey), se adapto muy bien al cartel, ademas de encabezar, fragmentada, su biografía en Xerais Crónica (María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, de Isabel Soto y Xavier Senín). Una decisión feliz que me alegra mucho. La mirada ajena tiene estas cosas. Bienvenida sea.

 

 


Etiquetas:,