Categoría: Diarios de traballo

teima persecutoria / manía persecutoria

teima persecutoria / manía persecutoria

Diarios de traballo

Se cadra, é propio dun ánimo insatisfeito e inseguro revisar adoito os mitos, crenzas e sentidos implicados na perspectiva persoal. O que demanda, a súa vez, a avaliación en paralelo dunha angueira que depende intimamente daquela. A réplica a esta situación, seica marcada polo desprendemento e a solta de lastre, ven dada nunha nova serie de traballos, sínteses derivadas do…

canción

Diarios de traballo

    Libros verdes son traidores, os azuis son mentideiros, os negros e acastañados son firmes e verdadeiros.

de fronte / de frente

de fronte / de frente

Diarios de traballo

Revisión de armarios e andéis que descobre vellos cadernos con imaxes de temática erótica. Son debuxos, acuarelas e colaxes que corresponden aos primeiros tentos, alá por 2007, dun proxecto de Kamasutra en galego, logo esquecido e abandonado, que tentaba explorar unha expresión do erotismo afastada do naturalismo fotográfico. Algúns dos cadernos estan a medio rematar, con moitas follas en branco,…

e cos ollos abertos / y con los ojos abiertos

e cos ollos abertos / y con los ojos abiertos

Diarios de traballo

Outro retrato realizado cos ollos moi abertos no pasado mes de outubro para Edicións Xerais. Unha imaxe da protagonista das Letras Galegas de 2018, pensada en principio para unha capa da Colección Merlín (María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey), acomodouse moi ben ao cartel, amais de encabezar, fragmentada, a…

cita a cegas / cita a ciegas

cita a cegas / cita a ciegas

Diarios de traballo

Recuperación dunha vella idea xa apuntada en 2011 nunha das ilustracións para Recendos de aire sonoro, o libro de Antonio García Teijeiro. A serie se compón de vintecatro debuxos, realizados cos ollos vendados ao longo de tres sesións, que teiman por reproducir o coñecido retrato de Beethoven, un sinxelo bosquexo, que lle fixera Friedrich August von Kloeber (1793-1864) no verán…

debuxos de inverno/ dibujos de invierno

debuxos de inverno/ dibujos de invierno

Diarios de traballo

Se cadra, a percepción se define nesa parede que se ergue diante dos ollos, onde a conciencia da nosa presenza se prolonga na imaxinación. Unha parede, que por convención chamamos fondo ou profundidade, na que situamos as figuras, os prexuizos e as cousas, onde reducimos e apouvigamos a vertixe. E, nese sentido, toda imaxe, calquera que sexan os seus modos…

turbia a auga/ turbia el agua

turbia a auga/ turbia el agua

Diarios de traballo

Usar auga limpa e clara para pintar unha acuarela é un desatino. A auga ben turbia, sucia, indefinida, xa que logo corremos o risco de apelicar a limpeza e claridade á imaxe pintada. Auga turbia, un pano cotroso, e pinceis gastados, moi usados, de trazo irregular. Agás morriñentos seareiros da irmandade prerrafaelita, rexeitar por principio os pinceis de pelo de…

natural non é / natural no es

natural non é / natural no es

Diarios de traballo

Sesión rutineira de fotografías para o arquivo. A intrusa, un exemplar de musca domestica, pasoume desapercibida no intre de sacar a foto. No exterior, con luz natural. Non é a pomba de Fidel, mais aquí vola deixo.   Sesión rutinaria de fotografías para el archivo. La intrusa, un ejemplar de musca domestica, me pasó desapercibida al sacar la foto. En…

da dobradura unhas figuras / del pliegue unas figuras

da dobradura unhas figuras / del pliegue unas figuras

Diarios de traballo

Realizadas sobre papeis previamente humedecidos e pregados, e agrupadas baixo o nome xenérico de Hemisferios, as augadas desta serie acollen distintas variacións sobre un xesto mecánico e reproducible, alusivo ao deseño gráfico e a formas sintéticas de comunicación, que parte da existencia duns límites non definidos exclusivamente polo pigmento.   Realizadas sobre papeles previamente humedecidos y plegados, y agrupadas bajo…