Etiqueta: cadernos

de fronte / de frente

de fronte / de frente

Diarios de traballo

Revisión de armarios e andéis que descobre vellos cadernos con imaxes de temática erótica. Son debuxos, acuarelas e colaxes que corresponden aos primeiros tentos, alá por 2007, dun proxecto de Kamasutra en galego, logo esquecido e abandonado, que tentaba explorar unha expresión do erotismo afastada do naturalismo fotográfico. Algúns dos cadernos estan a medio rematar, con moitas follas en branco,…

natural non é / natural no es

natural non é / natural no es

Diarios de traballo

Sesión rutineira de fotografías para o arquivo. A intrusa, un exemplar de musca domestica, pasoume desapercibida no intre de sacar a foto. No exterior, con luz natural. Non é a pomba de Fidel, mais aquí vola deixo.   Sesión rutinaria de fotografías para el archivo. La intrusa, un ejemplar de musca domestica, me pasó desapercibida al sacar la foto. En…

pasapalabra

pasapalabra

Diarios de traballo

No caderno de onde extraio estes textos asoman, acompañadas de esquemas e debuxos, todo tipo de frases curtas, breves enunciados que designan ideas, pequenos proxectos ou accións máis ou menos intranscendentes. Mesmo, nalgún intre, a súa trivialidade, sintética e imprecisa, levoume a pensar que podería artellalos con palabras recortadas de xornais e revistas, unha idea que non descarto de todo….

retallos unha caligrafía / recortes una caligrafía

retallos unha caligrafía / recortes una caligrafía

Diarios de traballo

Aprazado sine díe o recoñecemento a Victoriano Taibo. En latín soa moito mellor. A razón, alegan, é económica. Inicio dun caderno onde se dan cita todo tipo de retallos e restos de papel, artellando colaxes de distinto signo. Imaxínoo como un fondo de armario, unha especie de faiado onde amorear pequenas ideas ás que acudir.   Aplazado sine díe el…

entre liñas / entre líneas

entre liñas / entre líneas

Diarios de traballo

Imaxino un documento onde o texto institucional se resolve en acuarela cunha plantilla escolar. Entre liñas, cunha caligrafía manual aínda sen decidir, se expoñen as razóns do nomeamento. En gran parte dos códices medievais, dos que hai moitas e boas reproducións na internet, a imaxe, xa sexa escena ou delicado ornamento, evidencia unha xubilosa liberdade que remata por definir o…

segundo sen so sobre tras

segundo sen so sobre tras

Diarios de traballo

Recollo a escultura do Premio de Poesía Victoriano Taibo e despídome de Pepe ata o ano que ven. Lévoma con tempo suficiente para que Enrique Touriño lle faga unhas fotos como só él sabe facer. Preciso dunha mirada nova, allea, fornecida da suficiente distancia. Urxencia, tamén, do novo logotipo de Turismo, pois, por mor da próxima presenza en Fitur, os…

de fábula a escusa / de fábula la excusa

de fábula a escusa / de fábula la excusa

Diarios de traballo

Maquetación e ilustración de Contos pequenos, oito fábulas inéditas de Victoriano Taibo, manuscritas en 1955. É a escusa que necesito para poñerme ao día cos programas de deseño e maquetación. Ademais do facsímile do manuscrito orixinal, a edición se compoñerá dun primeiro volume coa versión actualizada e ilustrada dos contos, e un segundo con pequenos ensaios ou comentarios críticos, a…

a ante baixo cabe con

a ante baixo cabe con

Diarios de traballo

O IEM, unha asociación cultural moi activa coa que colaboro habitualmente desde hai anos, decidiu que os seus socios teñan unha Tarxeta de Socio. E me piden unha proposta. O logotipo é moi recente, é certo, só ten uns poucos meses e pode funcionar perfectamente como proposta de síntese, pero xa me atrae a idea de cortalo en anacos, de…