Categoría: Diarios de traballo

xornada de reflexión / jornada de reflexión

xornada de reflexión / jornada de reflexión

Diarios de traballo

Se os piares que sosteñen o viaduto lembran unha política de obra pública baseada na grandiosidade, o desbaldimento e a falta de respecto ao medio, a decoración vexetal que hoxe se pinta sobre eles só ilustra a mala conciencia. Non se entende como tardaron tanto. Na cor gris cemento, as columnas mantiñan a verdade franca do material, o valor pedagóxico…

Feliz ano 2019

Feliz ano 2019

Diarios de traballo

Hoxe espertei no medio dun soño. Un soño que non debía de ser moi interesante, xa que logo axiña o esquecín. Mais, o que gardo é a sensación que o soño me sobrepasaba, que non era meu, como se non pertencera ao soñador. Como se o soñador só fora un espectador máis entre outros moitos. Un simple espectador coa entrada…

cambadela / traspié

cambadela / traspié

Diarios de traballo

Para un adulto o debuxo do neno é sempre motivo de envexa. Diante deses trazos soltos e despreocupados, un síntese tardo, inzado de lastres imprecisos, na sospeita de que moitos das súas accións e xuizos son o froito perverso dun mal atallo.  Entón o adulto fai memoria, e lembra a pais e mestres insistindo en que xa é maior e…

instrucións para debuxar un perfil / instrucciones para dibujar un perfil

instrucións para debuxar un perfil / instrucciones para dibujar un perfil

Diarios de traballo

Utilizar o ollo coma un cego utiliza os seus dedos. Apalpar o ceo pola dereita. Revisar carga batería. Avanzar pola liña, amodo, coa prudencia coa que trazas unha estrada de montaña. Xogar cos peraltes. Sen caer nin entrar na montaña. Desouvir ás sereas. Pórse de lado. Matinar un asalto ao ceo pola esquerda. Afirmar esa linde sinuosa que participa do…

teima persecutoria / manía persecutoria

teima persecutoria / manía persecutoria

Diarios de traballo

Se cadra, é propio dun ánimo insatisfeito e inseguro revisar adoito os mitos, crenzas e sentidos implicados na perspectiva persoal. O que demanda, a súa vez, a avaliación en paralelo dunha angueira que depende intimamente daquela. A réplica a esta situación, seica marcada polo desprendemento e a solta de lastre, ven dada nunha nova serie de traballos, sínteses derivadas do…

canción

Diarios de traballo

    Libros verdes son traidores, os azuis son mentideiros, os negros e acastañados son firmes e verdadeiros.

de fronte / de frente

de fronte / de frente

Diarios de traballo

Revisión de armarios e andéis que descobre vellos cadernos con imaxes de temática erótica. Son debuxos, acuarelas e colaxes que corresponden aos primeiros tentos, alá por 2007, dun proxecto de Kamasutra en galego, logo esquecido e abandonado, que tentaba explorar unha expresión do erotismo afastada do naturalismo fotográfico. Algúns dos cadernos estan a medio rematar, con moitas follas en branco,…

e cos ollos abertos / y con los ojos abiertos

e cos ollos abertos / y con los ojos abiertos

Diarios de traballo

Outro retrato realizado cos ollos moi abertos no pasado mes de outubro para Edicións Xerais. Unha imaxe da protagonista das Letras Galegas de 2018, pensada en principio para unha capa da Colección Merlín (María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey), acomodouse moi ben ao cartel, amais de encabezar, fragmentada, a…

cita a cegas / cita a ciegas

cita a cegas / cita a ciegas

Diarios de traballo

Recuperación dunha vella idea xa apuntada en 2011 nunha das ilustracións para Recendos de aire sonoro, o libro de Antonio García Teijeiro. A serie se compón de vintecatro debuxos, realizados cos ollos vendados ao longo de tres sesións, que teiman por reproducir o coñecido retrato de Beethoven, un sinxelo bosquexo, que lle fixera Friedrich August von Kloeber (1793-1864) no verán…