Imaxino un documento onde o texto institucional se resolve en acuarela cunha plantilla escolar. Entre liñas, cunha caligrafía manual aínda sen decidir, se expoñen as razóns do nomeamento. En gran parte dos códices medievais, dos que hai moitas e boas reproducións na internet, a imaxe, xa sexa escena ou delicado ornamento, evidencia unha xubilosa liberdade que remata por definir o…
Toda decisión que nos cambia a vida se define por 1) prescindir dos grandes números e 2) tira-lo piso baixo os pés.
A través de M. A. Mouriño, o Concello de Gondomar me propón realizar un documento que expoña o nomeamento de Victoriano Taibo como Fillo Adoptivo. O recoñecemento forma parte dunha campaña que procura un Día das Letras Galegas para Taibo. Hai moitos anos que non collo unha pluma caligráfica, pero me sinto encantado coa posibilidade deste traballo. E, en todo…
Entendida como unha exixencia persoal, procuro que o retrato incorpore, se tal é o caso, a súa orixe fotográfica. No caso de Ana e Andrés Jr., a solución consistira en transferir anacos recortados das copias en papel. Mais para o retrato de Camiño, sobre fotos enviadas en e-mail por Xulián, e pensando na acuarela como medio, matino a posibilidade de…