Catro cartas

Catro cartas

Diarios de traballo

Novas ilustracións para a reedición en Xerais de Catro cartas, un delicioso texto do lembrado Xabier P. Docampo publicado orixinalmente en 1998. Se cadra, resulta significativo que, logo de vinte anos, a carta que máis me viña á mente das cinco, catro máis unha, que conforman o pequeno libro, fora a última, a dirixida a R. L. Stevenson, na que describe a súa fascinación por Long John Silver e asocia a súa ambigüidade moral coa vixencia literaria do personaxe. Igual que na plástica, ou mesmo na propia ilustración, cando sentimos a necesidade de inserir algo que non cadra, que non encaixa de todo, ou cando procuramos un oxímoron visual, unha contradición interna non sempre explícita. 

Nuevas ilustraciones para la reedición en Xerais de Catro cartas, un delicioso texto del recordado Xabier P. Docampo publicado originalmente en 1998. Acaso resulte significativo que, después de veinte años, la carta que más me venía a la mente de las cinco, cuatro más una, que conforman el pequeño libro, fuese la última, la dirigida a R. L. Stevenson, en la que describe su fascinación por Long John Silver y asocia su ambigüedad moral con la vigencia literaria del personaje. Igual que en la plástica, o en la propia ilustración, cuando sentimos la necesidad de insertar algo que no cuadra, que no encaja del todo, o cuando buscamos un oxímoron visual, una contradicción interna no siempre explícita.