Aprazado sine díe o recoñecemento a Victoriano Taibo. En latín soa moito mellor. A razón, alegan, é económica. Inicio dun caderno onde se dan cita todo tipo de retallos e restos de papel, artellando colaxes de distinto signo. Imaxínoo como un fondo de armario, unha especie de faiado onde amorear pequenas ideas ás que acudir. Aplazado sine díe el…
Imaxino un documento onde o texto institucional se resolve en acuarela cunha plantilla escolar. Entre liñas, cunha caligrafía manual aínda sen decidir, se expoñen as razóns do nomeamento. En gran parte dos códices medievais, dos que hai moitas e boas reproducións na internet, a imaxe, xa sexa escena ou delicado ornamento, evidencia unha xubilosa liberdade que remata por definir o…
A través de M. A. Mouriño, o Concello de Gondomar me propón realizar un documento que expoña o nomeamento de Victoriano Taibo como Fillo Adoptivo. O recoñecemento forma parte dunha campaña que procura un Día das Letras Galegas para Taibo. Hai moitos anos que non collo unha pluma caligráfica, pero me sinto encantado coa posibilidade deste traballo. E, en todo…