Se cadra, é propio dun ánimo insatisfeito e inseguro revisar adoito os mitos, crenzas e sentidos implicados na perspectiva persoal. O que demanda, a súa vez, a avaliación en paralelo dunha angueira que depende intimamente daquela. A réplica a esta situación, seica marcada polo desprendemento e a solta de lastre, ven dada nunha nova serie de traballos, sínteses derivadas do…
Revisión de armarios e andéis que descobre vellos cadernos con imaxes de temática erótica. Son debuxos, acuarelas e colaxes que corresponden aos primeiros tentos, alá por 2007, dun proxecto de Kamasutra en galego, logo esquecido e abandonado, que tentaba explorar unha expresión do erotismo afastada do naturalismo fotográfico. Algúns dos cadernos estan a medio rematar, con moitas follas en branco,…
Usar auga limpa e clara para pintar unha acuarela é un desatino. A auga ben turbia, sucia, indefinida, xa que logo corremos o risco de apelicar a limpeza e claridade á imaxe pintada. Auga turbia, un pano cotroso, e pinceis gastados, moi usados, de trazo irregular. Agás morriñentos seareiros da irmandade prerrafaelita, rexeitar por principio os pinceis de pelo de…
Sesión rutineira de fotografías para o arquivo. A intrusa, un exemplar de musca domestica, pasoume desapercibida no intre de sacar a foto. No exterior, con luz natural. Non é a pomba de Fidel, mais aquí vola deixo. Sesión rutinaria de fotografías para el archivo. La intrusa, un ejemplar de musca domestica, me pasó desapercibida al sacar la foto. En…
Realizadas sobre papeis previamente humedecidos e pregados, e agrupadas baixo o nome xenérico de Hemisferios, as augadas desta serie acollen distintas variacións sobre un xesto mecánico e reproducible, alusivo ao deseño gráfico e a formas sintéticas de comunicación, que parte da existencia duns límites non definidos exclusivamente polo pigmento. Realizadas sobre papeles previamente humedecidos y plegados, y agrupadas bajo…
Entendida como unha exixencia persoal, procuro que o retrato incorpore, se tal é o caso, a súa orixe fotográfica. No caso de Ana e Andrés Jr., a solución consistira en transferir anacos recortados das copias en papel. Mais para o retrato de Camiño, sobre fotos enviadas en e-mail por Xulián, e pensando na acuarela como medio, matino a posibilidade de…