Recollo a escultura do Premio de Poesía Victoriano Taibo e despídome de Pepe ata o ano que ven. Lévoma con tempo suficiente para que Enrique Touriño lle faga unhas fotos como só él sabe facer. Preciso dunha mirada nova, allea, fornecida da suficiente distancia. Urxencia, tamén, do novo logotipo de Turismo, pois, por mor da próxima presenza en Fitur, os…
Presentación de Contos pequenos. Non tiven a oportunidade de ver o libro editado e me sorprende negativamente a cor branca do papel. Pensara nun ton óso, cálido, como fondo das ilustracións. Entendía tamén que resultaba máis económico. STRAIGHT NO CHASER ( 1988) Charlotte Zwerin. Confeso unha vella devoción pola música de Thelonious Monk. Eses mínimos silencios, pendurados no interior do…
Primeira proba, en chapa de ferro de 2 mm, da escultura para o Premio Victoriano Taibo. Aínda que precisa de pequeños trocos en medidas, dobraduras e ángulos, os resultados son moi satisfactorios. En canto aos caracteres inscritos na peza, aínda queda por decidir o seu lugar nalgún dos planos. En todo caso, o problema non vai ser a falta de…
Resoltos os pequenos contratempos de última hora, depósito legal y rexistro do ISBN entre outros, a maqueta de Contos pequenos entrou onte na imprenta. Nalgún momento pensei en ilustralo cunhas construcións recortadas, apoiadas no debuxo e a cor, que só terían expresión na imaxe fotográfica. Unhas ilustracións en tres dimensións, cun claro influxo do espazo teatral e a sombra como…
Desde primeira hora da mañá, longo encontro con xantar incluído, cos amigos do IEM, no Pazo da Escola (Mañufe, Gondomar). Durante a xuntanza, e de xeito un tanto mecánico, debuxo aos asistentes. Eles, con furtivas olladas de esguello, pórtanse ben, seguen ao seu, e fan por moverse pouco. Semella que estou ausente, seino. Pero non; escoito e sigo o desenvolvemento…
Maquetación e ilustración de Contos pequenos, oito fábulas inéditas de Victoriano Taibo, manuscritas en 1955. É a escusa que necesito para poñerme ao día cos programas de deseño e maquetación. Ademais do facsímile do manuscrito orixinal, a edición se compoñerá dun primeiro volume coa versión actualizada e ilustrada dos contos, e un segundo con pequenos ensaios ou comentarios críticos, a…
O IEM, unha asociación cultural moi activa coa que colaboro habitualmente desde hai anos, decidiu que os seus socios teñan unha Tarxeta de Socio. E me piden unha proposta. O logotipo é moi recente, é certo, só ten uns poucos meses e pode funcionar perfectamente como proposta de síntese, pero xa me atrae a idea de cortalo en anacos, de…