Utilizar o ollo coma un cego utiliza os seus dedos. Apalpar o ceo pola dereita. Revisar carga batería. Avanzar pola liña, amodo, coa prudencia coa que trazas unha estrada de montaña. Xogar cos peraltes. Sen caer nin entrar na montaña. Desouvir ás sereas. Pórse de lado. Matinar un asalto ao ceo pola esquerda. Afirmar esa linde sinuosa que participa do…
Se cadra, é propio dun ánimo insatisfeito e inseguro revisar adoito os mitos, crenzas e sentidos implicados na perspectiva persoal. O que demanda, a súa vez, a avaliación en paralelo dunha angueira que depende intimamente daquela. A réplica a esta situación, seica marcada polo desprendemento e a solta de lastre, ven dada nunha nova serie de traballos, sínteses derivadas do…
Revisión de armarios e andéis que descobre vellos cadernos con imaxes de temática erótica. Son debuxos, acuarelas e colaxes que corresponden aos primeiros tentos, alá por 2007, dun proxecto de Kamasutra en galego, logo esquecido e abandonado, que tentaba explorar unha expresión do erotismo afastada do naturalismo fotográfico. Algúns dos cadernos estan a medio rematar, con moitas follas en branco,…
Se cadra, a percepción se define nesa parede que se ergue diante dos ollos, onde a conciencia da nosa presenza se prolonga na imaxinación. Unha parede, que por convención chamamos fondo ou profundidade, na que situamos as figuras, os prexuizos e as cousas, onde reducimos e apouvigamos a vertixe. E, nese sentido, toda imaxe, calquera que sexan os seus modos…
Como estes xogos con papel e tesoiras que me ocupan os últimos días, afastados de calquera proxecto definido, e que apuntan á información contida nunha páxina impresa. Un eloxio da preguiza. Teimuda Penélope Como estos juegos con papel y tijeras que me ocupan los últimos días, alejados de cualquier proyecto definido, y que apuntan a la información contenida en…
Entendida como unha exixencia persoal, procuro que o retrato incorpore, se tal é o caso, a súa orixe fotográfica. No caso de Ana e Andrés Jr., a solución consistira en transferir anacos recortados das copias en papel. Mais para o retrato de Camiño, sobre fotos enviadas en e-mail por Xulián, e pensando na acuarela como medio, matino a posibilidade de…
Desde primeira hora da mañá, longo encontro con xantar incluído, cos amigos do IEM, no Pazo da Escola (Mañufe, Gondomar). Durante a xuntanza, e de xeito un tanto mecánico, debuxo aos asistentes. Eles, con furtivas olladas de esguello, pórtanse ben, seguen ao seu, e fan por moverse pouco. Semella que estou ausente, seino. Pero non; escoito e sigo o desenvolvemento…