Etiqueta: retrato

cita a cegas / cita a ciegas

cita a cegas / cita a ciegas

Diarios de traballo

Recuperación dunha vella idea xa apuntada en 2011 nunha das ilustracións para Recendos de aire sonoro, o libro de Antonio García Teijeiro. A serie se compón de vintecatro debuxos, realizados cos ollos vendados ao longo de tres sesións, que teiman por reproducir o coñecido retrato de Beethoven, un sinxelo bosquexo, que lle fixera Friedrich August von Kloeber (1793-1864) no verán…

fondo de inverno / fondo de invierno

fondo de inverno / fondo de invierno

Diarios de traballo

Entendida como unha exixencia persoal, procuro que o retrato incorpore, se tal é o caso, a súa orixe fotográfica. No caso de Ana e Andrés Jr., a solución consistira en transferir anacos recortados das copias en papel. Mais para o retrato de Camiño, sobre fotos enviadas en e-mail por Xulián, e pensando na acuarela como medio, matino a posibilidade de…

dúas familias tres / dos familias tres

dúas familias tres / dos familias tres

Diarios de traballo

Desde primeira hora da mañá, longo encontro con xantar incluído, cos amigos do IEM, no Pazo da Escola (Mañufe, Gondomar). Durante a xuntanza, e de xeito un tanto mecánico, debuxo aos asistentes. Eles, con furtivas olladas de esguello, pórtanse ben, seguen ao seu, e fan por moverse pouco. Semella que estou ausente, seino. Pero non; escoito e sigo o desenvolvemento…