Camiñar coa cámara fotográfica alixeira o percorrido e axuda, gústame pensar, a educar o ollo. Me atraen os xogos de luz e sombra, se cadra é a hora do día, e en ocasións interveño na ecuación cun xiz que levo no peto. Non sei, unha liña, un pequeno texto, un graffiti efémero, un sentido. Unha ecuación de terceiro grao, supoño….