orla a caligrafía

orla a caligrafía

Diarios de traballo

A través de M. A. Mouriño, o Concello de Gondomar me propón realizar un documento que expoña o nomeamento de Victoriano Taibo como Fillo Adoptivo. O recoñecemento forma parte dunha campaña que procura un Día das Letras Galegas para Taibo. Hai moitos anos que non collo unha pluma caligráfica, pero me sinto encantado coa posibilidade deste traballo. E, en todo…

fondo de inverno / fondo de invierno

fondo de inverno / fondo de invierno

Diarios de traballo

Entendida como unha exixencia persoal, procuro que o retrato incorpore, se tal é o caso, a súa orixe fotográfica. No caso de Ana e Andrés Jr., a solución consistira en transferir anacos recortados das copias en papel. Mais para o retrato de Camiño, sobre fotos enviadas en e-mail por Xulián, e pensando na acuarela como medio, matino a posibilidade de…

de fracasos algúns / de fracasos algunos

de fracasos algúns / de fracasos algunos

Diarios de traballo

O logotipo para O Toxo non foi aceptado. O luns, Antón confirmara o novo logotipo de Turismo. Imaxino unha lista alternativa de fracasos; algúns son moi dignos.   El logotipo para O Toxo no fue aceptado. El lunes, Antón había confirmado el nuevo logotipo de Turismo. Imagino una lista alternativa de fracasos; algunos son muy dignos.

segundo sen so sobre tras

segundo sen so sobre tras

Diarios de traballo

Recollo a escultura do Premio de Poesía Victoriano Taibo e despídome de Pepe ata o ano que ven. Lévoma con tempo suficiente para que Enrique Touriño lle faga unhas fotos como só él sabe facer. Preciso dunha mirada nova, allea, fornecida da suficiente distancia. Urxencia, tamén, do novo logotipo de Turismo, pois, por mor da próxima presenza en Fitur, os…

saúdo a reverencia / saludo la reverencia

saúdo a reverencia / saludo la reverencia

Diarios de traballo

En Vincios, con Pepe Meixoeiro. Final dun traxecto que iniciamos na primaveira. E hoxe toca pregar as tres pezas definitivas. Unha última fase que debe axustarse a man, unha por unha, cousa que me alegra e que non pensara. Agora, durante un par de semanas, quedarán á intemperie para apurar a oxidación. Grazas Pepe. Grazas Paula. Logotipos, dous, para as…

sen cloro thelonious

sen cloro thelonious

Diarios de traballo

Presentación de Contos pequenos. Non tiven a oportunidade de ver o libro editado e me sorprende negativamente a cor branca do papel. Pensara nun ton óso, cálido, como fondo das ilustracións. Entendía tamén que resultaba máis económico. STRAIGHT NO CHASER ( 1988) Charlotte Zwerin.  Confeso unha vella devoción pola música de Thelonious Monk. Eses mínimos silencios, pendurados no interior do…

o peto unha liña / el bolsillo una línea

o peto unha liña / el bolsillo una línea

Diarios de traballo

Camiñar coa cámara fotográfica alixeira o percorrido e axuda, gústame pensar, a educar o ollo.  Me atraen os xogos de luz e sombra, se cadra é a hora do día, e en ocasións interveño na ecuación cun xiz que levo no peto. Non sei, unha liña, un pequeno texto, un graffiti efémero, un sentido. Unha ecuación de terceiro grao, supoño….

de perfil a idea

de perfil a idea

Diarios de traballo

Primeira proba, en chapa de ferro de 2 mm, da escultura para o Premio Victoriano Taibo. Aínda que precisa de pequeños trocos en medidas, dobraduras e ángulos, os resultados son moi satisfactorios. En canto aos caracteres inscritos na peza, aínda queda por decidir o seu lugar nalgún dos planos. En todo caso, o problema non vai ser a falta de…

oh!

oh!

Diarios de traballo

Resoltos os pequenos contratempos de última hora, depósito legal y rexistro do ISBN entre outros, a maqueta de Contos pequenos entrou onte na imprenta. Nalgún momento pensei en ilustralo cunhas construcións recortadas, apoiadas no debuxo e a cor, que só terían expresión na imaxe fotográfica. Unhas ilustracións en tres dimensións, cun claro influxo do espazo teatral e a sombra como…